Domingo 19.05.2013  | Actualizado 12.54 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 121 de 582 anterior siguiente Santiago te espera  |   RSS - Santiago te espera RSS

A reurbanización de San Clemente resoltou finalista dos premios FAD

Os arquitectos galegos Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso conseguen este recoñecemento // A actuación fundamental foi "tensionar a futura praza", reducindo o espazo da rampa a un só carril auxiliar de tráfico

18.05.2012 
A- A+

O estudio de arquitectura Abalo Alonso Arquitectos, de Santiago, colocou unha das súas obras entre as finalistas dos prestixiosos Premios FAD de Arquitectura e Interiorismo 2012. Os arquitectos galegos Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso conseguen este recoñecemento, na categoría de Cidade e Paisaxe, pola reurbanización da zona de San Clemente e da rúa da Trinidade.

A praza de San Clemente, situada en pleno casco antigo e á beira da Catedral, caracterizouse nos últimos anos por ser un lugar de paso de dobre dirección para os vehículos, con áreas de aparcadoiro e zonas de carga e descarga. Para borrar esta imaxe caótica, o Concello de Santiago encargou a este estudio compostelán unha análise do contorno para a súa posta en valor.

Segundo Abalo e Alonso, a actuación fundamental foi "tensionar a futura praza", reducindo o espazo da rampa a un só carril auxiliar de tráfico para aumentar o espazo da estancia. "A redución do tráfico, unida á imposibilidade de aparcar, invertiu os termos. Agora o peón é o que controla o espacio público. Procedeuse a unha renovación exhaustiva de todo tipo de infraestruturas eléctricas, abastecemento, saneamento, gas, telefonía e incorporáronse os restos arqueolóxicos descubertos durante as obras", indicaron os arquitectos.

Completaron a actuación catro árbores, ubicadas estratexicamente. Os límites da intervención dilúense, incluíndo este espazo público no continuo da cidade e gañando espazo para o cidadán coa ampliación da praza. "A intervención é debedora do magnífico traballo realizado nos últimos anos en cuestión de patrimonio histórico nesta cidade", apuntaron Abalo e Alonso. O xurado valorou a súa obra como "un proyecto que sin estridencias ni malabarismos consigue conmover. Una actuación en el tejido urbano que ordena y recupera para el ciudadano espacios perdidos. La piedra es la protagonista, un material único que, dotándolo de diferentes orientaciones, se adapta al terreno como si de un manto se tratara".

Ademais, outras dúas obras de Galicia, o Concello de Lalín e o Centro socio-cultural Ágora da Coruña, son finalistas dos Premios FAD 2012. A Asociación Interdisciplinaria del Diseño del Espacio del FAD (Arquin-FA), convocou este ano a 54ª edición dos Premios FAD de Arquitectura Interiorismo. Os FAD entréganse desde hai máis de cincuenta anos en Barcelona e probablemente son os máis prestixiosos de España, xunto co recoñecemento do Ministerio de Cultura.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.santiagoteespera.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad