Miércoles 22.05.2013  | Actualizado 12.28 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 320 de 582 anterior siguiente Santiago te espera  |   RSS - Santiago te espera RSS

O colexio Manuel Peleteiro convoca outra edición dos premios Minerva

09.02.2012 
A- A+

A proposta dun grupo de alumnos fixo que no ano 1963 os responsables do colexio Minerva (na actualidade, colexio M. Peleteiro) convocaran un certame literario aberto a todos os estudantes de Ensino Medio de Galicia.

De darlle forma ao proxecto ocupouse Avelino Abuín, e para avalar a súa calidade, convoca no xurado a salientables personalidades das nosas letras, como Carballo Calero, Moreno Báez, Varela Jácome, Borobó, etc. A primeira edición estivo presidida por Álvaro Cunqueiro.

O certame continuou celebrándose os anos seguintes, sendo galardoados persoeiros hoxe tan coñecidos como Xesús Rábade, Darío X. Cabana, Asunción Santos Castroviejo...

Despois duns anos de interrupción, volve convocarse o Certame Literario Minerva en 1985, coa participación como mantedores neste tempo, de Antón Tovar, Alfredo Conde, Víctor F. Freixanes, Neira Vilas, García Bodaño, etc.

A temática dos premios é libre. Só se esixe que os poemas sexan tres e en narrativa teñen que ser seis folios como moito. Iso si, todos os textos teñen que ser en galego.

Nesta 40.º edición de 2012, o xurado está formado por dous profesores do colexio, Luis Alonso Girgado (director do centro Ramón Piñeiro)e Manuel Quintáns (profesor xubilado), e Armando Requeixo (crítico literario), ata un total de 10, como Rosa Aneirose Manuela Palacios. O ditame terá lugar a mediados de abril. Os premios son tres para cada modalidade (poesía e narrativa), así como algún accesit se así o esixe a calidade dos traballos. A organización tamén se ocupa de publicar nun libro os traballos gañadores de cada edición.

Teresa González da Silva, secretaria dos premios literarios Minerva, apunta que estes galardóns se crearon para "promocionar o galego e as vocacións literarias dos rapaces afeccionados a escribir, que se ven recoñecidos por importantes persoeiros do mundo das letras. Penso que este tipo de premios son moi importantes xusto nesta idade, porque senten valorada a súa obra".

Por último, Teresa González pide "unha maior promoción do certame literario Minerva nos medios de comunicación, para que sexa coñecido por toda a xeografía galega. Tamén penso que suporía un acicate para os alumnos de segundo ciclo de E.S.O. e Bacharelato de Galicia, que queren participar. Cremos que pola súa longa andaina, o certame literario Minerva é hoxe un dos máis prestixiados da nosa literatura xuvenil".

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.santiagoteespera.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad