Domingo 19.05.2013  | Actualizado 02.04 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 113 de 582 anterior siguiente Santiago te espera  |   RSS - Santiago te espera RSS

Máis de dous millóns de euros para as ARI de Vista Alegre e Pontepedriña

Son 2.314.000 euros de subvención para unhas obras que suporán un investimento inducido de 4.900.000 euros

22.05.2012 
A- A+

A Concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu onte conta da sinatura dos convenios entre o Concello, o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e o Ministerio de Fomento para o financiamento de novas fases de actuación nas áreas de rehabilitación integral (ARI) de Vista Alegre, Pontepedriña (grupos Compostela e Cardeal Quiroga Palacios) e casco histórico.

Son 2.314.000 euros de subvención para unhas obras que suporán un investimento inducido de 4.900.000 euros.

Os convenios supoñen un aumento do 13 por cento das achegas de IGVS e Fomento, segundo apuntou a concelleira, que destacou que as actuacións previstas xerarán uns 270 postos de traballo. O importe total dos convenios repártese entre os 1.880.000 euros para rehabilitación e outros 434.000 para reurbanización, aos que hai que sumar outros 163.000 euros destinados á oficina de rehabilitación.

A subvención para a ARI de Vista Alegre alcanza os 1.152.000 euros (960.000 para rehabilitación e 192.000 para reurbanización). Permitirán acometer a instalación de ascensores en seis bloques de vivendas. Neste sentido, o técnico Fernando García Tobío anunciou que, entre este ano e o que vén, se terán instalado ascensores en 11 bloques deste barrio.

No caso do casco histórico, a subvención alcanza os 754.000 euros (580.000 para rehabilitación e 174.000 para reurbanización. Finalmente, nos grupos Compostela e Cardeal Quiroga Palacios, en Pontepedriña, a subvención é de 408.000 euros (340.000 para rehabilitación e 68.000 para reurbanización).

María Pardo salientou a boa acollida que teñen estas liñas de subvención, que oscilan entre o 30 e 75 por cento do orzamento total da obra. As derivadas destes convenios serán convocadas antes do mes de xullo.

 

OUTRAS SUBVENCIÓNS. O responsable da Oficina de Rehabilitación aproveitou para lembrar que, á marxe das ARI, existen outras subvencións para rehabilitación en calquera parte da cidade, acompañadas en moitos casos tamén de liñas de préstamo vantaxosas e sempre co asesoramento municipal.

No caso da instalación de ascensores en edificios cunha certa antigüidade, García Tobío referiuse a iniciativas xa en marcha, como por exmplo a das Casas de Ramírez.

Os veciños afectados xa foron informados das liñas de axuda e catro ou cinco bloques xa amosaron o seu interese en afrontar a instalación dos elevadores. Tamén se pretenden afrontar melloras de habitabilidade semellantes en Vite. Nestes días estanse a manter reunións cos representantes veciñais deste barrio para informalos das liñas de axuda.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.santiagoteespera.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad