Domingo 26.05.2013
| Actualizado 00.00
Hemeroteca web
|
RSS
DURANTE OS MESES de maio e xuño desenvolverase no Multiusos do Sar o programa de iniciación ao mundo orgánico e biosaudable Vivir san, organizado conxuntamente coa empresa de formación Portomeloxo.
Trátase dun ciclo formativo que busca xunguir o mundo da saúde natural e da ecoloxía e está destinado a todas as persoas interesadas en achegarse a un modo integral de vida saudable e autosuficiente.
Consiste en dous cursiños teórico-prácticos, un de plantas medicinais e outro de agricultura ecolóxica, e remata o 23 de xuño cun roteiro polas beiras do Sarela para recoller as tradicionais herbas de San Xoán. Se o programa ten éxito realizarase un máis extenso e completo que se iniciaría no outono.
O primeiro cursiño, Introdución ás plantas medicinais, consta de 12 horas os sábados 5 e 12 de maio de 10 a 14 h., e unha saída ao campo para recoller e recoñecer plantas. Estará a cargo da profesora de fitoterapia e aromaterapia María do Carme Pícallo. O prezo é de 65 € e de 55 para os abonados ao Multiusos.
O 26 de maio e o 2, 9 e 16 de xuño haberá un curso teórico-práctico de Iniciación á agricultura ecolóxica, de 30 horas. O horario será a partir das 10 na aula do Multiusos e polas tardes nunha horta onde se realizarán as prácticas. Estará a cargo da bióloga especializada en cultivos orgánicos Aurora Calviño Costas. O programa, con aceno na práctica, contempla as bases agroecolóxicas, o solo e a fertilización, o manexo da produción vexetal, a auga, o control de enfermidades e pragas e o mantemento e a elaboración de elementos adicionais na horta. O prezo é de 160 € e de 145 para os abonados do Multiusos.
Por último, o ciclo rematará cunha saída polas ribeiras do Sarela na tarde do día 23 de xuño, en 2 quendas de 16.30 a 18 h. a primeira e de 18 a 19.30 a segunda na que da man dunha experta recolleranse as herbas de San Xoán para elaborar segundo a nosa tradición a lavativa máxica e purificadora. O prezo desta actividade é de 6 € e de 5 para os abonados ao Multiusos.
Os que asistan a todo o ciclo consistente nas tres actividades terán un prezo especial de 210 € ou de 180 si son abonados ao Multiusos. Os interesados deberán apuntarse mediante un email a vivirsan@gestiondecuenta.com. O pago realizarase mediante transferencia ao nº de conta 0182 0267 13 0201551355 indicando o nome e o curso elixido, ou en efectivo ao comezo do curso correspondente. Toda a información na páxina do Multisusos: www.multiusos.net.
AS ACTIVIDADES inclúen unha rota de sendeirismo que discurrirá polas marxes do río Sarela. S. C.
