Miércoles 22.05.2013
| Actualizado 14.03
Hemeroteca web
|
RSS
A Concellería de Economía e Comercio presentoulle onte ás asociacións de comerciantes da cidade as bases reguladoras das subvencións a actividades de dinamización comercial para 2012. A edil Reyes Leis e a técnica Lucía Castro presentáronlle o borrador destas bases a Compostela Monumental, Santiago Centro e Acotes. Os seus representantes puideron facer as súas suxestións e expresar as súas dúbidas sobre o texto. Neste exercicio 2012, a Concellería vai manter a contía total das axudas, 44.752 euros.
Recollidas as achegas das asociacións comercias, que son as beneficiarias desta liña de axudas, as bases serán levadas á xunta de goberno para a súa convocatoria.
Por outra banda, Santiago acolleu tamén onte unha reunión de traballo do Proxecto Certo, concedido pola Unión Europea co obxecto de promocionar de forma conxunta tres dos Itinerarios Culturais Europeos: o Camiño de Santiago, a Vía Francíxena e a Ruta de San Olaf, que comparten o feito de ser rutas de peregrinación con grande influencia na Idade Media. Participaron o Concello de Santiago, Camiños de Europa (Parma), Asociación Europea da Vía Francíxena (Fidenza), Centro Nacional de Peregrinación da Ruta de San Olaf (Trondheim) e o Instituto Europeo de Itinerarios Culturais (Luxemburgo).
