Jueves 20.06.2013
| Actualizado 01.34
Hemeroteca web
|
RSS
Cando aínda non se cumpriron tres meses dende a súa apertura ao público, a exposición Compostella dicitur, a cidade da catedral xa recibiu máis de 10.000 visitas. Así, o edificio barroco da Casa do Cabildo, restaurado polo Consorcio de Santiago durante o ano 2011, estase a converter nun dos centros culturais preferidos para os veciños e os visitantes que recibe a cidade.
A boa impresión dos que se achegaron queda reflectida no libro de visitas instalado nos baixos do edificio.
A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea. A orixe do nome procede da bula do Papa Urbano II, de 1095, na que se decreta o traslado da sede episcopal dende Iria Flavia ata a cidade "chamada Compostela" Compostella dicitur.
A exposición conta con dúas aplicacións interactivas que permiten recrear o aspecto da cidade en 1211. A primeira é un plano virtual a través do cal se poden coñecer os nomes das rúas, das fontes, das portas da muralla e das igrexas, así como as áreas nas que se asentaban os diferentes gremios. A outra é un paseo virtual que recrea os pasos que un peregrino tiña que dar nesa época dende a Porta do Camiño ata a súa entrada na Catedral.
A mostra complétase cunha serie de paneis explicativos que permiten coñecer aspectos relacionados co aspecto urbano da Compostela medieval: as igrexas da cidade, a antiga muralla coas súas portas, os oficios e os gremios. Un apartado especial está dedicado ao abastecemento de auga, cuxo sistema aínda hoxe perdura nalgúns puntos da cidade.
Tamén conta cunha colección de reproducións de vistas e planos históricos de Santiago, así como a vista aérea de 2008, a través dos cales se pode comprobar como a fisionomía da cidade histórica permaneceu practicamente inmutable ao longo dos tempos.
ESTRUCTURA. Por otra parte, hai que decir que a visita da estructura do edificio convírtese nun aspecto más da visita da mostra. O inmoble consta de baixo, duas plantas e baixo cuberta.
O resultado é o que ate non hai moito eran dous edificios. Un frente á praza e outro na esquina da rúa Raíña, e que agora son un so inmueble con rampas salvando as diferencias de nivel.
Compostella dicitur está aberta ao público de martes a sábado, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e os domingos, de 11.00 a 14.00 horas. Os luns, a mostra permanece pechada.
local@elcorreogallego.es
