Miércoles 22.05.2013  | Actualizado 12.28 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 175 de 582 anterior siguiente Santiago te espera  |   RSS - Santiago te espera RSS

Os arquitectos piden medidas que incentiven a rehabilitación

15.04.2012 
A- A+

O cuarto congreso Internacional de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios (Patorreb 2012) clausurouse onte no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago coa presentación das conclusións do evento sobre a situación do sector e, en concreto, da rehabilitación de edificios. Patorreb contou coa asistencia duns cincocentos arquitectos e técnicos de España e Portugal. Este acto estivo organizado polo Colexio de Arquitectos de Galicia, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o Concello de Santiago, a Universitat de Catalunya (UPC), a Facultade de Engenheria do Porto (FE.UP) e a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC).

A comisión organizadora do congreso elaborou unhas conclusións que resumen os obxectivos e perspectivas do futuro da rehabilitación. Así recomendan a confección progresiva de bancos de datos que recompilen e estruturen o contido das inspeccións técnicas e das intervencións derivadas para conseguir protocolos de traballo, que tendan a homoxeneizar os procedementos de inspección, criterios para a diagnose do estado dos edificios e as pautas de intervención para a súa reparación e mellora. Outro dos aspectos que concluíron foi recoñecer a importancia da rehabilitación en operacións de longo alcance que deriven en medidas de accesibilidade, habitabilidade, eficiencia enerxética e calidade arquitectónica.

Ademais, destacaron a necesidade de articular medidas legais, financeiras e fiscais para atraer investimentos e incentivar o proceso rehabilitador. "As administracións deben orientar este proceso impulsando operacións piloto, capaces de converterse en modelos dun amplo proceso rehabilitador, concitando a empresas enerxéticas, entidades financeiras a través de créditos e microcréditos, construtoras e usuarios" –explicaron–.

Na xornada de onte participou a directora xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo do Ministerio de Fomento, Pilar Martínez, que centrou o seu discurso nas novas prioridades das políticas de vivenda e solo de España. A súa intervención foi presentada polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.

O mandatario autonómico destacou o papel do proxecto de Lei de Vivenda aprobado o pasado xoves polo Consello da Xunta. Segundo Hernández, a nova lei potenciará a rehabilitación dos edificios.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.santiagoteespera.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad